
|
ATA ONDE CHEGARÁN? Nas últimas semanas en disitntos xornais galegos atopábamonos coa curiosa noticia de que a Xunta pretendía manter nos seus postos, ou en outros similares sempre que non houbera disminución do poder adquisitivo a distintos funcionarios colocados a dedo como altos cargos polo anterior goberno do PP. Esta non sería máis que outra estratexia para manter colocados a disitntos benefactores e amigos do réxime, que apuraría ata ás últimas horas de poder para seguir facendo o que tan ben se lle deu nos últimos dazaseis anos de goberno, colocar a familiares, a amigos e a máis amigos, poderíamos seguir citando exemplos.... A CIG enterouse do tomate e denunciou perante o Consello Consultivo de Galicia o tongo que o Partido pretendía levar a cabo. Os cidadáns galegos debemos berrar dunha vez por todas XA ABONDA! deste tipo de prácticas que ainda continuarán nos concellos. O novo goberno deberá estar ollo avizor perante estas prácticas pois tamén é sabido que non son só exclusivas do PP 17/07/2005 16:55 Comentarios » Ir a formulario |
ENGALEGO. Sección de lingua galega de HispanitasENGALEGO é unha sección de HISPANITAS. PORTAL DE LENGUA Y LITERATURA. Ten como finalidade que atopes todas as utilidades e todo o software dispoñibel en lingua galega na rede Internet. É un portal sen ánimo de lucro que liga coas webs que dispoñen deste tipo de materiais
Archivos
EnlacesSECCIÓNS DE ENGALEGO
LIGAZÓNS
VARIA |