O CONSELLO DE EUROPA RECOMENDA OENSINO MONOLINGÜE EN GALEGO



O Consello de Europa ven de facer público un documento denominado Carta europea de linguas rexionais ou minorizadas no que presta especial atención ao galego, facendo recomendacións especiais para as zonas galego falantes do exterior, anque non hai ningunha referencia ao galego estremeño do val do Ellas.
Unha das recomendacións máis salientables é a que propoñe un modelo de educación monolingüe en galego que debería convivir con outro bilingüe galego-castelán.
Ao respecto da administración e da xustiza afirma que os dereitos lingüísticos dos cidadáns están teoricamente garantidos pero que estas garantías non se demostran practicamente.
Este informe está baseado nos datos que lle facilitou ao Consello de Europa o goberno de Aznar, na maioría dos casos escasos.
O informe felicita, a pesares de todo, ao goberno do Estado Español debido a que España é un dos paises máis implicados na promoción e protección das linguas minorizadas.
23/09/2005 10:44

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.








ENGALEGO. Sección de lingua galega de Hispanitas

ENGALEGO é unha sección de HISPANITAS. PORTAL DE LENGUA Y LITERATURA. Ten como finalidade que atopes todas as utilidades e todo o software dispoñibel en lingua galega na rede Internet. É un portal sen ánimo de lucro que liga coas webs que dispoñen deste tipo de materiais

Archivos

Enlaces

SECCIÓNS DE ENGALEGO

LIGAZÓNS

VARIA


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]