HAI CADA UN !!!!
O administrador da
regeifa ilustranos a noticia desta maneira:
É que, hai cada un :):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):)
O administrador da
regeifa ilustranos a noticia desta maneira:
Os tempos son chegados, polo menos para a Selección galega de futbol, eramos moitos os que agardábamos o anuncio que onte se produciu.
O primeiro partido do equipo galego terá lugar no Estadio de San Lázaro o vindeiro 28 ou 29 de decembro. Como equipo rival soan os nomes de Arxentina e Portugal.
A FINAIS DE DECEMBRO TODOS EN SAN LÁZARO COA SELECCIÓN!!!!!
Despois de que os Aduaneiros sacaran o Gerador Automático de Poesía Galega unha web catalana ( www.elflorat.net )colgou na rede un xerador de poesía en catalán.
A continuación o meu primeiro poema en catalán:
Tens gust a vi de gerds
Tens gust a vi de gerds
atrapat amb gust de sal
oblida el seu color
mirall de l'ànima
vèrtebra encesa
que entén el teu somriure
glòria vana
mossega'm el coll
en equilibri amb el cosmos
no sé qui sou
Supoño que os "autores" tamén nos poderemos presentar a premios literarios en catalán :):):):):):):):):)
A Conselleira de Cultura ven de anunciar o proxecto de creación dunha marca que potencie e mellore o recoñecemento da cultura galega no exterior.
A conselleira define a cultura como a nosa denominación de orixe, a marca de identidade e calidade do noso país, a representación máis requintada da nosa capacidade creativa e anovadora e o instrumento máis eficaz para proxectar a nosa imaxe no mundo.
A ver se dunha vez nos damos conta de que a nosa cultura pode ser exportable e unha grande fonte de riqueza para o país. A creación desta marca e das medidas que a acompañarán pode ser un primeiro paso para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego.
Esquerra Republicana de Catalunya ven de anunciar que vai propoñer no Congreso que as linguas minotarias que se falan no estado español, é dicir catalán, galego e euskera sexan oficiais en todo o territorio do estado español.
As medidas que se terían que adoptarpermitirían, entre outras cousas, que os cidadáns se puderan dirixir á administración do estado en calquera das linguas oficiais sen ter en conta, como acontece actualmente, de en que comunidade autónoma esta situado o rexistro no que se entrege a documentación, que todas as linguas oficiais se incorporarían aos selos e as moedas, ou a obligación que terían as canles públicas de televisión de aumentar os periodos de desconexións nas que se usarían as linguas propias destas comunidades.
Dende Esquerra saben que esta proposta non vai sair adiante pero danse por contentos de que sexa admitida a trámite.
A Organización a prol do Multilingüismo xa leva tempo realizadas campañas neste senso. Unha das máis coñecidas é a destinada a que a Monarquía sexa respetuosa para coas distintas linguas que se falan no estado español.
Os compañeiros de O Alpendretiñan no seu blog esta imaxe que apareceu en La Opinión.
Que non se preocupe o Ex-presi, que se apunte na Bolsa de Alugueiro da Xunta. entre o frenético ritmo de traballo que levan e o abundante persoal (nas oficinas de Santiago 2 administrativas e suposatamente un taxador)ao mellor para o final dalexislatura poderá ir a asinar o contrato.
Mentres tanto terá que vivir nunha tenda de campaña, baixo unha ponte ou pedir asilo na casa dalún familiar, amigo ou achegado como temos que facer outras persoas despois de que hai dous meses na Bolsa nos dixeran que os támites eran cuestión de 15 días.
nos longos sucos de trigo
a tebra irrevogábel
versolari monótono
dos teus beizos cóncavos e convexos
¿u-las presencias do que foi un día?
neste mar de tebras
introspectivamente
a neve nos curutos
sobre os clavicordios dun hamlet tuberculoso
doncela esgrevia
da furibundia
arrastrando as verbas
desamor dos cimbros
escombros da comunicación
cecais a sombra espetada no teu corpo
do sol o raio primeiro
O meu primeiro poema dándolle ao boton.
Os Aduaneiros sacan á luz un revolucionario invento: unha aplicación que crea poesía galega.
Calquera pode ser poeta.
Recomendan tamén a todos os usuarios que se presenten ao Premio Esquio. (Non nos estrañe que alguén tome as instruccións ao pé da letra)
Achegámonos con ilusión a este novo tempo que comenzamos a andar.
Cremos nos compromisos de Touriño e de Quin, máis como vimos avisando os responsables políticos terán que manter a garda para evitar posibles casos de corrupción como os que se dan en moitos dos concellos galegos gobernados polo PSG-PSOE. Non me cansarei de repetilo porque como cidadán sinto a obriga de alertar acerca de supostas prácticas irregulares que a pouco que folleemos as páxinas comarcais dalgún xornal galego poderemos comprobar. Non temos porque desconfiar do presi Touriño cando dixo no seu discurso que se estas prácticas continúan o novo goberno galego fracasará. Imos darlle tempo.
Quin, e o Bloque deberán estar tamén atentos a que o PSOE non capitalice en solitario o traballo do novo goberno.
A pesares de todo, AVANTE con este novo proxecto que nos enche de ilusión.
Nas últimas semanas en disitntos xornais galegos atopábamonos coa curiosa noticia de que a Xunta pretendía manter nos seus postos, ou en outros similares sempre que non houbera disminución do poder adquisitivo a distintos funcionarios colocados a dedo como altos cargos polo anterior goberno do PP.
Esta non sería máis que outra estratexia para manter colocados a disitntos benefactores e amigos do réxime, que apuraría ata ás últimas horas de poder para seguir facendo o que tan ben se lle deu nos últimos dazaseis anos de goberno, colocar a familiares, a amigos e a máis amigos, poderíamos seguir citando exemplos....
A CIG enterouse do tomate e denunciou perante o Consello Consultivo de Galicia o tongo que o Partido pretendía levar a cabo.
Os cidadáns galegos debemos berrar dunha vez por todas XA ABONDA! deste tipo de prácticas que ainda continuarán nos concellos. O novo goberno deberá estar ollo avizor perante estas prácticas pois tamén é sabido que non son só exclusivas do PP
O sábado, cunha conferencia do profesor José Martínez de Sousa remataron as sesións teóricas do Máster en Edición que organizou a USC.
Na foto estamos: Victor, Pablo, Begoña e eu. Tamén andaba por alí Maria pero non sae porque é a persoa que nos está sacando a foto.
A RAG vai adicar o Día das Letras Galegas 2006 a Manuel Lugrís Freire.
Este literato galego e presidente da RAG gañoulles a batalla a outros propostos para a conmemoración
16 anos esperando e a miragre producese hoxe
A Editorial Xeraisestá a preparar a edición dunha nova novela de Manuel Rivas que se titulará Oeste.
Esta nova novela será presentada na Feira do Libro da Coruña que se realizará a primeiros de agosto.