Blogia
ENGALEGO. Sección de lingua galega de Hispanitas

ATA ONDE CHEGARÁN?

ATA ONDE CHEGARÁN? Nas últimas semanas en disitntos xornais galegos atopábamonos coa curiosa noticia de que a Xunta pretendía manter nos seus postos, ou en outros similares sempre que non houbera disminución do poder adquisitivo a distintos funcionarios colocados a dedo como altos cargos polo anterior goberno do PP.
Esta non sería máis que outra estratexia para manter colocados a disitntos benefactores e amigos do réxime, que apuraría ata ás últimas horas de poder para seguir facendo o que tan ben se lle deu nos últimos dazaseis anos de goberno, colocar a familiares, a amigos e a máis amigos, poderíamos seguir citando exemplos....
A CIG enterouse do tomate e denunciou perante o Consello Consultivo de Galicia o tongo que o Partido pretendía levar a cabo.

Os cidadáns galegos debemos berrar dunha vez por todas XA ABONDA! deste tipo de prácticas que ainda continuarán nos concellos. O novo goberno deberá estar ollo avizor perante estas prácticas pois tamén é sabido que non son só exclusivas do PP

1 comentario

Pablo -

Galiza ceive, poder popular.