Blogia
ENGALEGO. Sección de lingua galega de Hispanitas

UN TEMPO NOVO, UNHA GRANDE ILUSIÓN

UN TEMPO NOVO, UNHA GRANDE ILUSIÓN Achegámonos con ilusión a este novo tempo que comenzamos a andar.
Cremos nos compromisos de Touriño e de Quin, máis como vimos avisando os responsables políticos terán que manter a garda para evitar posibles casos de corrupción como os que se dan en moitos dos concellos galegos gobernados polo PSG-PSOE. Non me cansarei de repetilo porque como cidadán sinto a obriga de alertar acerca de supostas prácticas irregulares que a pouco que folleemos as páxinas comarcais dalgún xornal galego poderemos comprobar. Non temos porque desconfiar do presi Touriño cando dixo no seu discurso que se estas prácticas continúan o novo goberno galego fracasará. Imos darlle tempo.
Quin, e o Bloque deberán estar tamén atentos a que o PSOE non capitalice en solitario o traballo do novo goberno.
A pesares de todo, AVANTE con este novo proxecto que nos enche de ilusión.

1 comentario

Pablo -

Galiza Ceive, Poder Popular!!
Xa valeu de tanto PP.