Blogia

ENGALEGO. Sección de lingua galega de Hispanitas

HAI CADA UN !!!!

O administrador da
regeifa
ilustranos a noticia desta maneira:



É que, hai cada un :):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):):)

MOSTRA DE DESEÑO GRÁFICO NA CORUÑA

SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL. URUGUAY SERÁ O PRIMEIRO RIVAL



O da Selección Galegaxa é unha realidade.
O rival será Uruguay e o partido en San Lázaro o 28 de decembro (esperemos que non sexa unha inocentada ás 20:30 h.

O CONSELLO DE EUROPA RECOMENDA OENSINO MONOLINGÜE EN GALEGO



O Consello de Europa ven de facer público un documento denominado Carta europea de linguas rexionais ou minorizadas no que presta especial atención ao galego, facendo recomendacións especiais para as zonas galego falantes do exterior, anque non hai ningunha referencia ao galego estremeño do val do Ellas.
Unha das recomendacións máis salientables é a que propoñe un modelo de educación monolingüe en galego que debería convivir con outro bilingüe galego-castelán.
Ao respecto da administración e da xustiza afirma que os dereitos lingüísticos dos cidadáns están teoricamente garantidos pero que estas garantías non se demostran practicamente.
Este informe está baseado nos datos que lle facilitou ao Consello de Europa o goberno de Aznar, na maioría dos casos escasos.
O informe felicita, a pesares de todo, ao goberno do Estado Español debido a que España é un dos paises máis implicados na promoción e protección das linguas minorizadas.

LUME NUNCA MÁIS

O NOSO MONTE IMPORTA

A CULTURA CATALANA OBTEN O DOMINIO .CAT



A comunidade cultural catalana ben de acadar que a ICANN, o organismo que autoriza os dominios na Internet, aprobe o dominio .cat.
Unha campaña denominada Puntcat serviu para buscar apoios de empresas, entidades e particulares.
En canto ao dominio .gz, .gl non pode ser, xa que corresponde a Groenlandia, de momento, non se sabe nada.

OS TRIBUNAIS REAFIRMAN A ILEGALIDADE DO TOPÓNIMO "LA CORUÑA"



Segundo informa Vieiros os tribunais de xustiza declaran ilegal o acordo do concello da Coruña no que se pretendía legalizar o topónimo da cidade como *La Coruña.
Xa comentaramos este tema en outubro do 2004, e tamén nos fixeramos eco de distintas perosas que expresaban o seu apoio ao alcalde coruñés (mágoa que estas opinións non sexan accesibles hoxe en día debido a que o xornal no que se publicou o artigo de opinión non ten accesibles os números dese ano.

SIGNOS. O BLOG DE PORTELA


O poeta arxentino Óscar Portela ven de inaugurar o blog Signos no que publica a súa producción poética e ensaística.
Nun post dese blog fai referencia ao recoñecemeto que dende Hispanitas. Portal de lengua y literatura lle fixemos no verán do 2003, colgando na Internet un número especial adicado á súa producción literaria.
Actualmente estamos traballando na edición dunha antoloxía da súa obra que verá a luz na primavera do 2006.

OS TEMPOS SON CHEGADOS



Os tempos son chegados, polo menos para a Selección galega de futbol, eramos moitos os que agardábamos o anuncio que onte se produciu.
O primeiro partido do equipo galego terá lugar no Estadio de San Lázaro o vindeiro 28 ou 29 de decembro. Como equipo rival soan os nomes de Arxentina e Portugal.
A FINAIS DE DECEMBRO TODOS EN SAN LÁZARO COA SELECCIÓN!!!!!

XERADOR DE POEMAS EN CATALÁN


Despois de que os Aduaneiros sacaran o Gerador Automático de Poesía Galega unha web catalana ( www.elflorat.net )colgou na rede un xerador de poesía en catalán.
A continuación o meu primeiro poema en catalán:

Tens gust a vi de gerds

Tens gust a vi de gerds
atrapat amb gust de sal
oblida el seu color
mirall de l'ànima
vèrtebra encesa
que entén el teu somriure
glòria vana
mossega'm el coll
en equilibri amb el cosmos
no sé qui sou

Supoño que os "autores" tamén nos poderemos presentar a premios literarios en catalán :):):):):):):):):)

CULTURA GALEGA



A Conselleira de Cultura ven de anunciar o proxecto de creación dunha marca que potencie e mellore o recoñecemento da cultura galega no exterior.
A conselleira define a cultura como a nosa denominación de orixe, a marca de identidade e calidade do noso país, a representación máis requintada da nosa capacidade creativa e anovadora e o instrumento máis eficaz para proxectar a nosa imaxe no mundo.
A ver se dunha vez nos damos conta de que a nosa cultura pode ser exportable e unha grande fonte de riqueza para o país. A creación desta marca e das medidas que a acompañarán pode ser un primeiro paso para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego.

ERC RECLAMA A OFICIALIDADE DO GALEGO EN TODO O ESTADO



Esquerra Republicana de Catalunya ven de anunciar que vai propoñer no Congreso que as linguas minotarias que se falan no estado español, é dicir catalán, galego e euskera sexan oficiais en todo o territorio do estado español.
As medidas que se terían que adoptarpermitirían, entre outras cousas, que os cidadáns se puderan dirixir á administración do estado en calquera das linguas oficiais sen ter en conta, como acontece actualmente, de en que comunidade autónoma esta situado o rexistro no que se entrege a documentación, que todas as linguas oficiais se incorporarían aos selos e as moedas, ou a obligación que terían as canles públicas de televisión de aumentar os periodos de desconexións nas que se usarían as linguas propias destas comunidades.
Dende Esquerra saben que esta proposta non vai sair adiante pero danse por contentos de que sexa admitida a trámite.
A Organización a prol do Multilingüismo xa leva tempo realizadas campañas neste senso. Unha das máis coñecidas é a destinada a que a Monarquía sexa respetuosa para coas distintas linguas que se falan no estado español.

BUSCANDO PISO


Os compañeiros de O Alpendretiñan no seu blog esta imaxe que apareceu en La Opinión.
Que non se preocupe o Ex-presi, que se apunte na Bolsa de Alugueiro da Xunta. entre o frenético ritmo de traballo que levan e o abundante persoal (nas oficinas de Santiago 2 administrativas e suposatamente un taxador)ao mellor para o final dalexislatura poderá ir a asinar o contrato.
Mentres tanto terá que vivir nunha tenda de campaña, baixo unha ponte ou pedir asilo na casa dalún familiar, amigo ou achegado como temos que facer outras persoas despois de que hai dous meses na Bolsa nos dixeran que os támites eran cuestión de 15 días.

XERADOR DE POESÍA GALEGA

XERADOR DE POESÍA GALEGA

nos longos sucos de trigo
a tebra irrevogábel
versolari monótono
dos teus beizos cóncavos e convexos
¿u-las presencias do que foi un día?
neste mar de tebras
introspectivamente
a neve nos curutos
sobre os clavicordios dun hamlet tuberculoso
doncela esgrevia
da furibundia
arrastrando as verbas
desamor dos cimbros
escombros da comunicación
cecais a sombra espetada no teu corpo
do sol o raio primeiro


O meu primeiro poema dándolle ao boton.
Os Aduaneiros sacan á luz un revolucionario invento: unha aplicación que crea poesía galega.
Calquera pode ser poeta.
Recomendan tamén a todos os usuarios que se presenten ao Premio Esquio. (Non nos estrañe que alguén tome as instruccións ao pé da letra)

UN TEMPO NOVO, UNHA GRANDE ILUSIÓN

UN TEMPO NOVO, UNHA GRANDE ILUSIÓN

Achegámonos con ilusión a este novo tempo que comenzamos a andar.
Cremos nos compromisos de Touriño e de Quin, máis como vimos avisando os responsables políticos terán que manter a garda para evitar posibles casos de corrupción como os que se dan en moitos dos concellos galegos gobernados polo PSG-PSOE. Non me cansarei de repetilo porque como cidadán sinto a obriga de alertar acerca de supostas prácticas irregulares que a pouco que folleemos as páxinas comarcais dalgún xornal galego poderemos comprobar. Non temos porque desconfiar do presi Touriño cando dixo no seu discurso que se estas prácticas continúan o novo goberno galego fracasará. Imos darlle tempo.
Quin, e o Bloque deberán estar tamén atentos a que o PSOE non capitalice en solitario o traballo do novo goberno.
A pesares de todo, AVANTE con este novo proxecto que nos enche de ilusión.

ATA ONDE CHEGARÁN?

ATA ONDE CHEGARÁN?

Nas últimas semanas en disitntos xornais galegos atopábamonos coa curiosa noticia de que a Xunta pretendía manter nos seus postos, ou en outros similares sempre que non houbera disminución do poder adquisitivo a distintos funcionarios colocados a dedo como altos cargos polo anterior goberno do PP.
Esta non sería máis que outra estratexia para manter colocados a disitntos benefactores e amigos do réxime, que apuraría ata ás últimas horas de poder para seguir facendo o que tan ben se lle deu nos últimos dazaseis anos de goberno, colocar a familiares, a amigos e a máis amigos, poderíamos seguir citando exemplos....
A CIG enterouse do tomate e denunciou perante o Consello Consultivo de Galicia o tongo que o Partido pretendía levar a cabo.

Os cidadáns galegos debemos berrar dunha vez por todas XA ABONDA! deste tipo de prácticas que ainda continuarán nos concellos. O novo goberno deberá estar ollo avizor perante estas prácticas pois tamén é sabido que non son só exclusivas do PP