Despois de moitos anos agardando e de ter sofrido varias imitacions descafeinadas (combinado de xogadores de equipos galegos nun partido contra a droga e combinado de xogadores galegos nun partido contra o Real Madrid no Bernabeu a raiz do accidente do Prestige)Hoxe é o gran día.
Cando estou escribindo estas liñas faltan menos de 12 horas para a grande xuntanza en San Lázaro.
69 anos despois do último partido voltamos a poder desfrutar coa selección do noso país.
Selección Galega de 1936
Unha boa maneira de agardar é tomar calquera bebedizo para coidar a gorxa e que o Himno (o noso sí ten letra) saia ben afinadiño
0 comentarios