Blogia
ENGALEGO. Sección de lingua galega de Hispanitas

ENTROIDADAS (I)

priests

O cura da miña aldea
ten a barriga furada
que lla roeron os ratos
pensando que era empanada.

O cura e máis a criada
ordenaron de cocer,
tiñan a leña no monte
e a fariña sen moer.

O cura que che casou
debía de estár borracho
porque non che preguntou
si eras femia ou eras macho.

O cura cando sae fora
déixalle dito á criada:
veña tarde ou veña cedo
déitate na miña cama.


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres