
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2005. 01/08/2005UN TEMPO NOVO, UNHA GRANDE ILUSIÓN Achegámonos con ilusión a este novo tempo que comenzamos a andar.Cremos nos compromisos de Touriño e de Quin, máis como vimos avisando os responsables políticos terán que manter a garda para evitar posibles casos de corrupción como os que se dan en moitos dos concellos galegos gobernados polo PSG-PSOE. Non me cansarei de repetilo porque como cidadán sinto a obriga de alertar acerca de supostas prácticas irregulares que a pouco que folleemos as páxinas comarcais dalgún xornal galego poderemos comprobar. Non temos porque desconfiar do presi Touriño cando dixo no seu discurso que se estas prácticas continúan o novo goberno galego fracasará. Imos darlle tempo. Quin, e o Bloque deberán estar tamén atentos a que o PSOE non capitalice en solitario o traballo do novo goberno. A pesares de todo, AVANTE con este novo proxecto que nos enche de ilusión. 01/08/2005 09:47 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 12/08/2005XERADOR DE POESÍA GALEGA nos longos sucos de trigoa tebra irrevogábel versolari monótono dos teus beizos cóncavos e convexos ¿u-las presencias do que foi un día? neste mar de tebras introspectivamente a neve nos curutos sobre os clavicordios dun hamlet tuberculoso doncela esgrevia da furibundia arrastrando as verbas desamor dos cimbros escombros da comunicación cecais a sombra espetada no teu corpo do sol o raio primeiro O meu primeiro poema dándolle ao boton. Os Aduaneiros sacan á luz un revolucionario invento: unha aplicación que crea poesía galega. Calquera pode ser poeta. Recomendan tamén a todos os usuarios que se presenten ao Premio Esquio. (Non nos estrañe que alguén tome as instruccións ao pé da letra) 12/08/2005 12:16 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 17/08/2005BUSCANDO PISO![]() Os compañeiros de O Alpendretiñan no seu blog esta imaxe que apareceu en La Opinión. Que non se preocupe o Ex-presi, que se apunte na Bolsa de Alugueiro da Xunta. entre o frenético ritmo de traballo que levan e o abundante persoal (nas oficinas de Santiago 2 administrativas e suposatamente un taxador)ao mellor para o final dalexislatura poderá ir a asinar o contrato. Mentres tanto terá que vivir nunha tenda de campaña, baixo unha ponte ou pedir asilo na casa dalún familiar, amigo ou achegado como temos que facer outras persoas despois de que hai dous meses na Bolsa nos dixeran que os támites eran cuestión de 15 días. 17/08/2005 10:32 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 22/08/2005ERC RECLAMA A OFICIALIDADE DO GALEGO EN TODO O ESTADO
22/08/2005 11:16 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 31/08/2005CULTURA GALEGA
31/08/2005 12:12 Enlace permanente. Hay 1 comentario. |
ENGALEGO. Sección de lingua galega de HispanitasENGALEGO é unha sección de HISPANITAS. PORTAL DE LENGUA Y LITERATURA. Ten como finalidade que atopes todas as utilidades e todo o software dispoñibel en lingua galega na rede Internet. É un portal sen ánimo de lucro que liga coas webs que dispoñen deste tipo de materiais
Archivos
EnlacesSECCIÓNS DE ENGALEGO
LIGAZÓNS
VARIA |