
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2005. 03/07/2005MANUEL LUGRÍS FREIRE, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2006A RAG vai adicar o Día das Letras Galegas 2006 a Manuel Lugrís Freire. Este literato galego e presidente da RAG gañoulles a batalla a outros propostos para a conmemoración 03/07/2005 15:44 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 11/07/2005REMATA O MÁSTER EN EDICIÓN DA USC O sábado, cunha conferencia do profesor José Martínez de Sousa remataron as sesións teóricas do Máster en Edición que organizou a USC.Na foto estamos: Victor, Pablo, Begoña e eu. Tamén andaba por alí Maria pero non sae porque é a persoa que nos está sacando a foto. 11/07/2005 09:50 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 17/07/2005ATA ONDE CHEGARÁN? Nas últimas semanas en disitntos xornais galegos atopábamonos coa curiosa noticia de que a Xunta pretendía manter nos seus postos, ou en outros similares sempre que non houbera disminución do poder adquisitivo a distintos funcionarios colocados a dedo como altos cargos polo anterior goberno do PP. Esta non sería máis que outra estratexia para manter colocados a disitntos benefactores e amigos do réxime, que apuraría ata ás últimas horas de poder para seguir facendo o que tan ben se lle deu nos últimos dazaseis anos de goberno, colocar a familiares, a amigos e a máis amigos, poderíamos seguir citando exemplos.... A CIG enterouse do tomate e denunciou perante o Consello Consultivo de Galicia o tongo que o Partido pretendía levar a cabo. Os cidadáns galegos debemos berrar dunha vez por todas XA ABONDA! deste tipo de prácticas que ainda continuarán nos concellos. O novo goberno deberá estar ollo avizor perante estas prácticas pois tamén é sabido que non son só exclusivas do PP 17/07/2005 16:55 Enlace permanente. Hay 1 comentario. |
ENGALEGO. Sección de lingua galega de HispanitasENGALEGO é unha sección de HISPANITAS. PORTAL DE LENGUA Y LITERATURA. Ten como finalidade que atopes todas as utilidades e todo o software dispoñibel en lingua galega na rede Internet. É un portal sen ánimo de lucro que liga coas webs que dispoñen deste tipo de materiais
Archivos
EnlacesSECCIÓNS DE ENGALEGO
LIGAZÓNS
VARIA |